Novas

O I Plan de Mobilidade Sustentable chega ao momento da participación da veciñanza

Dentro proceso de elaboración do I Plan de Mobilidade Sustentable de Salceda de Caselas, despois da xornada de xuntanzas con colectivos, asociación e partidos políticos, abre agora a participación á totalidade da veciñanza de Salceda, que terá opción de cubrir unha enquisa online na que poderán recoller as súas inquedanzas e propostas como residentes.