Tráfico e transporte

Concello e Xunta buscan solucións para o enlace da Lagoela

Nesta semana, a Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, e o arquitecto municipal, Rubén Martín, reuníronse con Jose Luis Díez, xefe territorial de infraestructuras e movilidade en Pontevedra, e Fausto Núñez, xefe da AXI de Pontevedra, para analizar os diferentes temas que ambas institucións teñen sobre a mesa.

200 novas prazas de aparcamento gratuíto na Devesa

O novo espazo, que suma máis de 6.000 metros cadrados e supón a creación de 200 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estará dispoñible para ser usado nas vindeiras semanas na zona da Devesa.

O Concello de Salceda reforza a plantilla da Policía Local durante o verán

O Concello de Salceda de Caselas incorporou recentemente a unha parella de auxiliares de policía local que formarán parte da plantilla ata mediados de setembro, permitindo así dar cobertura ás vacacións do resto dos axentes así como ás diferentes festas que se celebran durante os meses de verán.