Alcaldía

A Cultural Veterana emociona no seu reencontro

O Auditorio Municipal de Salceda acolleu o pasado sábado a actuación da Cultural Veterana, unha agrupación de instrumentistas que formaron parte da Banda Cultural de Salceda, ou que permanecen na mesma cando menos dende fai 20 anos. O concerto, que se celebrou con dobre sesión pola grande demanda de público, estivo dirixida por Francisco Pérez, quen fora director da Cultural entre os anos 1996 e 2004.

Salceda aproba o seu III Plan de Igualdade

O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Salceda de Caselas 2024-2028, subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 5.554,15 €

Rematan as obras do Plan Marco 2024

Nesta semana quedaron rematadas as obras de mellora dos viais municipais no Agro (Parderrubias) e Veiga do Campo-O Barreiro (Santa María), dúas obras solicitadas pola veciñanza e que por fin poden facerse realidade

Salceda renovará as súas sendas fluviais cun obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar o novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídas nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.

A Praza do Concello de Salceda ampliarase cunha nova rúa peonil

O proxecto suporá a creación dun novo espazo público seguro, amable e de calidade pensado para as persoas, cunha superficie de 956 metros cadrados, que contará cunha ampla zona verde de esparcemento e percorridos que permitan a mobilidade inclusiva e a autonomía infantil e que na práctica suporá unha ampliación da propia Praza do Concello nunha zona ata o de agora sen desenvolver.