Alcaldía

O Consorcio de augas do Louro constitúe novo comité directivo

O Consorcio de Augas do Louro vén de celebrar a constitución do novo comité directivo. Trátase da primeira sesión celebrada logo das eleccións locais do 28 maio tralas que se constituíron os novos gobernos municipais nos catro concellos que conforman a entidade: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

O Consello Veciñal de Salceda comeza a súa andaina con 44 colectivos

O Pleno acordou a aprobación dos Consellos Sectoriais e o Consello Veciñal arranca coa aprobación do regulamento interno

Na última sesión plenaria do ano aprobouse por unanimidade a creación de cinco consellos sectoriais, despois de acordalo na sesión constitutiva do consello veciñal do pasado 16 de decembro. Estes consellos permitirán maior operatividade, xa que 44 entidades solicitaron a participación no Consello Veciñal, deste xeito axilízase o traballo e facilita a participación.