Medio rural

Rematan as obras do Plan Marco 2024

Nesta semana quedaron rematadas as obras de mellora dos viais municipais no Agro (Parderrubias) e Veiga do Campo-O Barreiro (Santa María), dúas obras solicitadas pola veciñanza e que por fin poden facerse realidade

200 km de sendas e viais limpados no I Plan Anual de desbroces de Salceda

O concello de Salceda de Caselas vén de rematar a primeira fase do seu Plan Anual de Desbroces que botou a andar no mes de febreiro. O equipo de goberno dá resposta deste xeito ao seu compromiso electoral que trata de acometer unha actuación planificada e ordenada das tarefas de mantemento dos principais viais e camiños de propiedade municipal.  

A fibra óptica chegará ás parroquias de Salceda

Electra Alto Miño, principal empresa comercializadora de electricidade no concello de Salceda de Caselas leva meses acometendo un importante proxecto de instalación de fibra óptica tanto no casco urbano como en diferentes puntos das sete parroquias.