Saúda da alcaldesa

Veciños e veciñas:

Por primeira vez na historia democrática de Salceda, a corporación está formada por unha maioría de mulleres: 7 concelleiras e 6 concelleiros.

Esta responsabilidade e compromiso ten que ser de todas e todos: do goberno, da oposición e da veciñanza. Vivimos nun espazo fermoso e multicultural no que os pensamentos e as ideas son diferentes, pero no que é posible a convivencia tranquila. Dende a miña responsabilidade traballarei para unir e buscarei a unión para o ben común.

Xestionaremos activamente e de maneira eficaz na procura dunha Salceda innovadora pero sen perder as nosas raíces e tendo sempre en conta o noso pasado; a nosa condición de galegos e galegas.

A perfección non está no ADN de ninguén, no noso tampouco… erramos a miúdo, e trataremos de compensalo co que mellor sabemos facer, traballar por Salceda levando adiante proxectos de vital importancia para o futuro da nosa vila, sempre dende o maior dos consensos e escoitando.

¡A Salceda que nos soñamos tamén ten que ser a vosa!

Moitas grazas a todos e a todas vos por permitirme vivir este soño: ser a vosa Alcaldesa. Agardo ser a alcaldesa das persoas.

SALCEDA…. SEMPRE!

Loli Castiñeira
Alcaldesa de Salceda de Caselas