Novas

Pleno extraordinario

Aquí podes seguir o Pleno Extraordinario do luns 24 de marzo de 2025 ás 20:30

50 postos participan na I Festa Artes e Sabores

A Asociación Veciñal Caselas celebrará os vindeiros 29 e 30 de marzo a I Festa Artes e Sabores no seu local de Salceda de Caselas. Un total de 50 postos ofrecerán produtos de artesanía e gastronomía, oferta que se completará con obradoiros e xogos para a rapazada.

13 vivendas do barrio da Presa contarán con saneamento

As obras para dotar do servizo de saneamento ao barrio da Presa avanzan a bo ritmo e segundo o previsto. A Alcaldesa, Loli Castiñeira, acompañada do Concelleiro de Axenda Ecolóxica, Marcos Troncoso e das representantes da Asociación Veciñal de Parderrubias, María Rodríguez e Rosario Lorenzo, visitaron as obras para comprobar a evolución das mesmas sobre o terreo.