Novas

Salceda, sede da segunda andaina solidaria de Cáritas Louriña

A Igrexa de Santa María de Salceda foi o escenario escollido para a presentación da II andaina solidaria de Cáritas Louriña, que se realizará o vindeiro 14 de setembro ás 9:30 coa participación dos Concellos de Salceda de Caselas, O Porriño e Mos tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado 18 de abril no Porriño.

Pleno Ordinario de Agosto

Neste enlace podes seguir o Pleno Ordinario que se celebra o xoves 29 de agosto de 2024 ás 20:30

20.000 racións para a XXX Festa dos Callos

A Praza do Concello de Salceda serviu esta mañá de escenario de presentación da XXX edición da Festa dos Callos, acto no que non podía faltar a degustación para tódalas persoas que quixeron achegarse.