Fundación Esplai e Concello de Salceda botan a andar o CRI-TIC para achegar a infancia e a adolescencia ao mundo dixital
O Concello de Salceda de Caselas, a Fundación Esplai, o CEP Altamira e o IES Pedras Rubias veñen de presentar a actividade “CRI-TIC Infancia e xuventude con criterio dixital”, que vai permitir a formación en competencias dixitais básicas e avanzadas a 24 adolescentes do municipio durante o verán de xeito gratuíto.