Salceda achega a información sobre o alzheimer e outras demencias ás súas sete parroquias
Co gallo de conmemorar o día mundial do Alzheimer que se celebra o vindeiro 21 de setembro, o Concello de Salceda de Caselas e a asociación Afaga organizan un ciclo de charlas formativas titulado “Alzheimer e outras demencias: que son, pautas de prevención e actuación”. Nesta ocasión as charlas terán un formato itinerante, celebrándose nas diferentes parroquias en colaboración coas asociacións.