Novas

Máis de 12.000 bocadillos vendidos na primeira edición do Bocaselas

A primeira edición do Bocaselas rematou este sábado 12 de maio, cun balance de éxito absoluto. Partindo dunha previsión inicial duns 7.000 bocadillos, o certo é que a cifra case se duplicou ao longo das catro fins de semana de Bocaselas, superando os 12.000 bocadillos vendidos.

Máis de 365.000 € do Plan Concellos para mellorar viais do Casco Urbano

123.769,33 € corresponden á humanización da Rúa Compostela; 203.854,82 € será a aportación do 30% que o Concello ten que facer para a urbanización da Rúa Gándara, e resérvanse 37.515,99 € para o asfaltado do primeiro tramo da Rúa Rosalía de Castro ata a entrada do CRA Raíña Aragonta.