Novas

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90 donara un terreo á Igrexa para este fin.

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas lémbralle á veciñanza que conta cun servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo.

O Ameixoa F. C. protagonizará o Estourazo

A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do clube serán os encargados de disparar o xa tradicional “estourazo”, que este ano chega á súa décima edición.