Novas

Salceda aproba inicialmente uns orzamentos de 4.809.240 €

O goberno de Salceda ven de aprobar inicialmente en pleno os orzamentos para este ano 2019, que ascenden a unha cantidade de 4.809.240 €.
Cabe lembrar que os orzamentos vixentes actualmente no Concello de Salceda están prorrogados dende o ano 2016.

13.000 € para mellorar o parque infantil de Barreiro

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, está a acometer obras de mellora en diferentes parques infantiles existentes ao longo do municipio. Nesta ocasión estanse a realizar melloras no parque infantil de Barreiro, ubicado no entorno do centro cultural.

Salceda regula a concesión de honores e distincións

O documento regulará a concesión de distincións como as de fillo ou filla predilecto/a, fillo ou filla adoptivo/a, salcedense distinguido ou distinguida, alcalde ou alcaldesa honorario, ou as persoas e entidades premiadas na Gala do Deporte, así como as condecoracións como “medalla do Concello” ou “Cronista oficial da vila”. Por outra banda, o regulamento tamén fai referencia aos procesos de denominación de espazos públicos, rúas, edificios públicos, sendas, prazas, etc.

Salceda contará por vez primeira cun Regulamento Orgánico Municipal

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte luns o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Salceda de Caselas, que recolle diversos aspectos da organización municipal como a composición dos grupos políticos, o desenrolo das sesións plenarias ou o dereito de acceso á información por parte da Corporación, entre outras cuestións.

Despois dos callos volve o Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.