Salceda disporá dun gabinete de atención temperá a partir de setembro
O gabinete contará cun equipo especializado formado por un mínimo de tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atenderá tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 80% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o que ven de conceder unha partida de 15.603,17 €.