Alcaldía

Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda

O “pequeno circo de Nadal” será sen dúbida o prato forte da programación, cunha carpa na Praza do Concello que ao longo de tres días se convertirá nun espazo simbólico compartido no que vivir unha experiencia de Nadal, tal e como o definiu Nelson Quinteiro, director artístico do proxecto.

15 persoas benefícianse do programa “Cultiva a mente”

Esta mañá a Alcaldesa Loli Castiñeira xunto coa tenente alcaldesa Verónica Tourón, a Concelleira de Benestar Social Gela Ledo, o director da oficina de Caixabank en Salceda de Caselas e o presidente de AFAGA, visitaron a actividade para saudar ás persoas participantes e agradecerlles a súa participación no programa

25 entidades reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste ano 2019 que lles permitirán percibir as axudas destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

Salceda recibe 250.000 € para atender a 100 persoas desempregadas

O plan acollerá a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

Salceda estudia opcións para novas instalacións deportivas

Nesta semana, a Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, o Concelleiro de Deportes, Rubén González, e o arquitecto municipal, Rubén Martín, reuníronse con representantes da Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño, representantes do equipo de fútbol afeccionado da parroquia e representantes da Escola de Fútbol Denis Suárez.