Alcaldía

O Concello apoio o comercio local

O Concello de Salceda está a facer un importante esforzo por apoiar ao comercio local nesta situación especialmente complexa para o sector, con iniciativas de difusión das actividades locais, ou beneficios fiscais.

O Concello de Salceda fai aprovisionamento de mascarillas

A adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas

Solidariedade contra o coronavirus

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co seu equipo de goberno, queren facer público o seu agradecemento ás múltiples mostras de solidariedade que están a recibir nestes días a través das diferentes canles das que dispón o Concello, e que son exemplo da boa predisposición do conxunto da sociedade salcedense na loita contra o COVID 19.