Alcaldía

O Consello Veciñal de Salceda comeza a súa andaina con 44 colectivos

O Pleno acordou a aprobación dos Consellos Sectoriais e o Consello Veciñal arranca coa aprobación do regulamento interno

Na última sesión plenaria do ano aprobouse por unanimidade a creación de cinco consellos sectoriais, despois de acordalo na sesión constitutiva do consello veciñal do pasado 16 de decembro. Estes consellos permitirán maior operatividade, xa que 44 entidades solicitaron a participación no Consello Veciñal, deste xeito axilízase o traballo e facilita a participación.

Salceda aproba por unanimidade a rebaixa do IBI ao 0,40

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora. A proposta da alcaldía presentouse para tratar de compensar dalgún xeito o impacto que poida ter na economía da veciñanza a revisión que catastro está a levar a cabo nos Concellos de Salceda de Caselas, Bueu, O Porriño e Mos.