Alcaldía

Salceda supera os 5.000.000 no seu orzamento anual

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar inicialmente o seu orzamento para o ano 2020. As contas, por un total de 5.000.340€ supoñen un incremento de cerca de 200.000€ respecto do orzamento anterior, o que lle permite ao Concello ir achegándoo á súa necesidade real de gasto.

Pleno Ordinario 27 de agosto de 2020

Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno Ordinario do Concello de Salceda de Caselas que se celebrará ás 20:30 horas do 27 de agosto de 2020. Por mor da COVID 19 o Pleno non permitirá a asistencia de público no Salón de Plenos.

Salceda úrxelle á Xunta a renovación dos baños do colexio Altamira

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitarlle á Xunta de Galicia que acometa a renovación dos aseos do CEP Altamira, unhas instalacións con máis de 40 anos de antigüidade que coa situación de pandemia que se está a vivir resultan un posible foco de infección para os 600 nenos e nenas escolarizados no centro, un dos máis numerosos de Galicia.