Alcaldía

En exposición pública a numeración do casco urbano

Dende mañá martes 26 de xaneiro e ata o vindeiro luns 15 de febreiro permanecerá en exposición pública a nova numeración do casco urbano de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno. Os documentos pódense consultar xa na páxina web do Concello (www.salcedadecaselas.gal)

Protección Civil conta cun novo remolque para emerxencias

A Alcaldesa, Loli Castiñeira, e representantes da Agrupación de Protección Civil de Salceda recibiron de mans do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, un novo remolque de emerxencias para incorporar aos equipamentos da agrupación de voluntarios e voluntarias.

Salceda licita os diferentes seguros municipais

O Concello de Salceda de Caselas ven de licitar os diferentes seguros municipais por un importe de 50.788,82 €, o que supón un aforro para as contas municipais de máis de 12.000 € anuais. O proceso dividiuse en diversos lotes,

Pleno ordinario do 17 de decembro de 2020

Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno ordinario que se celebrará o 17 de decembro ás 20:30 no salón de plenos do Concello de Salceda de Caselas.