Alcaldía

Salceda e As Neves renovan o servizo de atención temperá conxunto

O gabinete conta cun equipo especializado formado por catro integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atende tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 90% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo, que concedeu unha partida de 105.383,70 € para este último ano.

Salceda ronda o centenar de denuncias por incumprimentos relacionados coa COVID 19

As infraccións detectadas e denunciadas refírense fundamentalmente á obrigatoriedade de usar máscara protectora, á prohibición de consumir tabaco se non se pode garantir unha distancia de seguridade de 2 metros, ao cumprimento do toque de recoller e ás limitacións de mobilidade derivadas dos confinamentos perimetrais existentes en numerosos municipios da contorna.

Máis de 92.000 € para as asociacións a pesares do parón da actividade

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de asinar os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio: culturais, deportivas, sociais e centros escolares. No acto de sinatura, que se celebrou no Auditorio Municipal seguindo os protocolos COVID, a alcaldesa estivo acompañada dos concelleiros de cultura e deportes, Alex Rodríguez e Rubén González.