Alcaldía

Unanimidade para pedir unha segunda Galiña Azul

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou onte por unanimidade a solicitude de construción dunha segunda escola infantil de 0 a 3 anos no municipio, nos terreos que o Concello posúe ao lado do novo centro de saúde, na rúa Mártires de Sobredo.

Pleno ordinario 29/10/2020

Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno ordinario que se celebrará o xoves 29 de outubro no Concello de Salceda de Caselas, e que por mor da COVID19 non permite a asistencia de público