Novas

Aberto o prazo para participar no desfile de carrozas e comparsas

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 18 ao 24 será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

Os colexios de Salceda traballarán a igualdade e a mediación

O CEP Altamira acolleu esta mañá a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira, fomentados polas ANPAS co apoio dos centros e do Concello.

Salceda recolle a súa tradición oral nun libro-CD

A Praza do Concello acolleu o pasado sábado a presentación do libro-CD “A tradición oral de Salceda de Caselas”, escrito polo autor Xosé Ramón Paz Antón, e publicado pola Deputación de Pontevedra.