Novas

Salceda únese á campaña “Quere o teu Mercado”

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira, únese un ano máis á campaña “Quere o teu mercado”, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes

Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI). Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.

Cita co deporte esta fin de semana en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas acolleu a presentación da IX Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que se vai celebrar este domingo en Salceda de Caselas. A marcha complétase ademáis coa celebración dunha nova andaina, ofrecendo así diferentes alternativas para a mañá do domingo.