Cita co deporte esta fin de semana en Salceda

BTT2

O Concello de Salceda de Caselas acolleu a presentación da IX Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que se vai celebrar este domingo en Salceda de Caselas. A marcha complétase ademáis coa celebración dunha nova andaina, ofrecendo así diferentes alternativas para a mañá do domingo. Entre as tres probas calcúlase unha participación de unhas 700 persoas, manténdose a inscrición aberta ata o vindeiro xoves.

A IX edición da BTT consta de un percorrido de 65 km, aínda que existe unha alternativa máis curta de 35 km. A organización califica a proba coa dificultade medio-alta, con trialeras e con ascensos e descensos pronunciados.

En canto á andaina, conta con un percorrido de 10km fundamentalmente pola parroquia de Entenza, na que se percorrerán os espazos naturais da parroquia.

Carla Pérez, Concelleira de Deportes, felicitou ao Club Ciclista Aragonta pola súa labor organizando esta proba, así como coa súa colaboración noutros eventos como a Marcha Ciclista do CEP Altamira ou a carreira CorreXsalceda. Por outra banda recoñeceu a destacada labor que fai o club na divulgación e coñecemento dos espazos naturais de Salceda, organizando probas que dan a coñecer as sendas, o patrimonio…

Miguel Fernández, Presidente do Club, agradeceu a colaboración das casas comerciais e do Concello, que sempre está a disposición desta e outras ascociacións neste tipo de eventos.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou o especial agarimo que lle ten a este club, que ao igual que outras asociación de Salceda, naceu no ano 2007, no ano do cambio de goberno en Salceda. Destacou a idoneidade de Salceda para acoller probas de deportes vinculados á natureza, amosando así o seu patrimonio xeográfico, cultural, dos ríos e as sendas… Amosou tamén o apoio do Concello para todo este tipo de actividades, e agradeceu tamén o apoio de Frigolouro e do Grupo Coren, que unha vez máis respostan á chamada do Concello para colaborar neste e noutros eventos.

 

Gabinete de prensa, 22 de maio de 2017