Xerais

“Alma” fai unha entrega ao Programa de Alimentos

O Comercio ALMA realizou unha campaña de recollida de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas, con motivo da carreira solidaria da San Silvestre, realizando descontos nos artigos en proporción aos alimentos donados. Dende o Concello de Salceda de Caselas queremos agradecerlle esta gran iniciativa.

V San Silvestre de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas celebrará o día 26 de decembro, ás 21:00, e por quinto ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria de San Silvestre, unha iniciativa que ten como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Será un xeito de facer deporte e, ao mesmo tempo, axudar a aqueles que máis o necesitan.