Salceda está a acoller a campaña de recollida de alimentos do que se benefician 50 familias deste municipio. O Comercio Alma, estivo durante a semana pasada aplicando descontos nos seus produtos a cambio de paquetes de comida, cun máximo de aportación de 5 produtos por persoa. A realización da recollida de alimentos realizouse con motivo da V edición da carreira solidaria San Silvestre, que se celebrou o pasado 26 de decembro no centro do municipio.
Como afirma a Concelleira de Benestar Social Teresa Pérez “queremos agradecer a contribución da tenda Alma ao Programa de Alimentos, que en vindeiros días, vai a realizar unha entrega dos mesmos”.
Dende o Concello de Salceda de Caselas queren agradecer a toda a xente que contribúe con este programa de recollida de alimentos, en especial agradecemento o equipo de voluntariado e a Alicia, dona da tenda de roupa “Alma”, por ter esta iniciativa que sabemos que vai a ter continuidade temporal e que pode ser un exemplo para que máis locais se sumen á iniciativa.
A Concelleira de Deportes e Voluntariado Carla Pérez valora que estas datas deben ser solidarias con aquelas familias que teñen dificultades económicas polo que os eventos deportivos deben acoller tamén ademáis da diversión a solidaridade, como foi a carreira V San Silvestre.