Xerais

Presentado o Catálogo de Espazos Naturais

O documento foi elaborado pola propia Concelleira, Carla Pérez, coa axuda de Jaime Sánchez, Manuel Rei e Marcos Troncoso, que colaboraron na redacción do mesmo de xeito desinteresado.

O Concello de Salceda facilita os pagos dos recibos de Catastro

As débedas de ata 600 € poderán fraccionarse ata nun máximo de 6 meses, as débedas de 601 a 2.400 € ata 10 meses, as débedas de 2.400 a 6.000 € nun máximo de 15 meses, e a partires de 6.000 € as débedas poderán dividirse ata en 18 meses.

Asinado o convenio para a construcción do novo Centro de Saúde

O Convenio, na súa cláusula 2, recolle a obriga por parte da Consellería de Sanidade de construír o novo Centro de Saúde na parcela de 3.000 m2 da Devesa, rexistrada a nome do Concello de Salceda de Caselas polo Rexistro da Propiedade de Tui e cedida ao SERGAS dende maio do 2011.

Programa de asesoramento a mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Salceda, dirixida por Teresa Pérez, pon en funcionamento un servizo de asesoramento en materias de violencia de xénero, menores e familia. O Programa está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2016.