Xerais

Bota a andar o Programa “Cultiva a mente”

O programa vai dirixido ás persoas maiores de 65 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención deste deterioro e no coñecemento do envellecemento activo. Levarase a cabo os martes a partires das 11:00 no centro Social da Devesa, e correrá a cargo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia)

Salceda énchese de camelias

Os visitantes poderán contemplar milleiros de camelias ao longo dos 120 metros preparados para a exposición. A mostra celébrase no Auditorio Municipal de Salceda e no edificio da Casa do Concello, e inclúe unha ampla programación complementaria durante as xornadas do sábado e do domingo.

Salceda executa a mellora da estrada Arrotea-Ataúde na parroquia de Picoña

O proxecto, enmarcado dentro PPOS 2015 que financia a Deputación de Pontevedra, contempla a pavimentación do total da estrada, de 816 metros de lonxitude, asi como a construcción de 159 metros de cuneta revestida que conduza a auga aos colectores existentes e aos novos tramos que tamén se van construír.