Xerais

CorreXSalceda, nova edición da carreira popular de Salceda

O vindeiro sábado 30 de abril Salceda de Caselas acollerá unha nova edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio. Organizada pola Concellaría de Deportes que dirixe Carla Pérez, en colaboración coas Escolas Deportivas Municipais, este ano o evento presenta grandes novidades dentro da programación prevista.

Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.