O Concello de Salceda deixa de abrir os sábados ante a entrada en vigor da nova Lei de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
O horario de atención ao público e Rexistro Xeral do Concello de Salceda de Caselas pasa a ser a partires de agora de luns a venres de 8:30 a 14:30, trala entrada en vigor da nova Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.