Benestar Social e Igualdade

Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social da Devesa

A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos. Tras a aprobación dos pregos, haberá que esperar ata a súa publicación no BOP, e será entón cando se abra o prazo de vinte días para que os e as interesados/as poidan presentar as súas ofertas.

Salceda acolle a mostra fotográfica “Éxodus”

A mostra, elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre os meses de setembro e outubro de 2015, documenta as vivencias dos refuxiados e refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

Salceda acolle o II Festival Solidario da Canción

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas organiza o II Festival Solidario da Canción, que terá lugar na Praza do Concello o venres 15 de xullo, pechando a programación do Verán Cultural.

Sae a Concurso o Servizo de Axuda no Fogar

O prazo de presentación de ofertas abrirase en canto o anuncio saia publicado no Boletín Oficial da Provincia. O contrato, que se adxudicará por procedemento aberto, asinarase por un período inicial de dous anos, podendo ser prorrogable outros dous.