Benestar Social e Igualdade

A poboación de Salceda incrementouse nun 20% nos últimos dez anos

Salceda alcanza así a cifra de poboación máis alta da súa historia, certificando un crecemento continuado nos últimos anos, que se establece xa nun 20% nos últimos 20 anos, pasando de 7.402 habitantes a 1 de xaneiro do ano 2.006 a 8.914 o 1 de xaneiro de 2.016.

Programa de asesoramento a mulleres

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Salceda, dirixida por Teresa Pérez, pon en funcionamento un servizo de asesoramento en materias de violencia de xénero, menores e familia. O Programa está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Concellos 2016.

Bota a andar o Programa “Cultiva a mente”

O programa vai dirixido ás persoas maiores de 65 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención deste deterioro e no coñecemento do envellecemento activo. Levarase a cabo os martes a partires das 11:00 no centro Social da Devesa, e correrá a cargo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia)