Salceda e As Neves asinan un convenio para compartir infraestruturas medioambientais
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, asinaron este venres un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugallos vexetais.