En exposición pública a numeración das parroquias

Ata o vindeiro xoves 27 de maio permanecerá en exposición pública a nova numeración das parroquias de Salceda de Caselas, para que as persoas afectadas poidan realizar alegacións se o consideran oportuno. Os documentos pódense consultar xa na páxina web do Concello (www.salcedadecaselas.gal), e para consulta presencial ou aclaración de dúbidas é preciso pedir cita previa a través dos teléfonos do Concello ou da propia páxina web.
A renumeración das parroquias ven a completar o proceso que se iniciara a primeiros de ano coa do casco urbano, que xa leva unas semanas implementada e en funcionamento.
A acción, que conta con un orzamento de 14.730,54 € está financiada na súa totalidade polo Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra, e ten unha gran importancia para a súa utilización noutros usos municipais. Estase a realizar por unha empresa especializada en coordinación cos técnicos municipais e de acordo coas normas dictadas polo Instituto Nacional de Estatística para tal fin.
Con esta iniciativa, que dá resposta a diversas solicitudes veciñais, resólvese tamén o histórico problema da identificación dos barrios no rural. O proxecto servirá tamén para solucionar moitos dos problemas das entregas do servizo de correos, que en moitas ocasións se vían dificultadas pola numeración das vivendas, sobre todo nas zonas máis rurais, nas que non sempre resulta doado seguir a numeración existente.
O proxecto inclúe a colocación de placas identificativas en tódalas vivendas do municipio, nas que se inclúe o nome da vía, praza, barrio, etc, asi como o número da vivenda, o que suporá a solución definitiva aos problemas de ubicación que se están a dar neste momento. Esta segunda fase custará 18.029 €, tamén financiados dentro do mencionado Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Estamos moi satisfeitas pola boa acollida que tivo o traballo no casco urbano, e polas facilidades ofrecidas pola veciñanza para a realización do traballo, e estamos seguras de que así vai ser tamén nas zonas diseminadas que agora están en exposición pública, conscientes de que precisamente no rural é onde se están a dar máis problemas polas dificultades de localización de moitas vivendas, problemas que agora quedarán solucionados na súa práctica totalidade”

Gabinete de prensa, 6 de maio de 2021