Aula Mentor, un novo recurso formativo en Salceda de Caselas.
Unha vez máis o Concello de Salceda de Caselas aposta pola FORMACIÓN.
Despois dun intenso traballo da área de Formación, que dirixe Marina Cabaleiro, onte asinouse un convenio coa Consellería de Educación, Cultura e Deporte para que o noso Concello acolla unha nova iniciativa de formación.