Unha vez máis o Concello de Salceda de Caselas aposta pola FORMACIÓN.
Despois dun intenso traballo da área de Formación, que dirixe Marina Cabaleiro, onte asinouse un convenio coa Consellería de Educación, Cultura e Deporte para que o noso Concello acolla unha nova iniciativa de formación.
Este convenio vai facer posible que Salceda conte cunha Aula Mentor. Esta modalidade dirixida a formación para adultos, oferece máis de 100 cursos que axudarán aos veciños e veciñas a obter e actualizar a súa formación para poder ser máis competitivos no mercado laboral.
Os maiores de 18 anos poderán formarse de maneira telemática nas distintas áreas, de forma máis cómoda, asesorados e guiados por un administrador de aula que estará a súa disposición. Trátase de proporcionar unha alternativa a poboación adulta que non ten oportunidade de acudir de forma presencial, e que xa sexa polo ritmo de aprendizaxe, situación persoal ou adicación precisa dun sistema máis flexible. Este tipo de formación está promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coas comunidades autónomas e unha vez rematado o curso e superada a proba final, serán estes organismos os que expedirán un certificado donde irán consignados os contidos e as horas estimadas do curso.
Salceda, a pesar de ser um concello con menos poboación, non dispor de centro de bacherelato, etc., xa dispón dun Aula Mentor ao igual que Vigo, Cangas, Pontevedra, Lalín e Vilagarcía, que eran ata o de agora as únicas aulas da provincia de Pontevedra. As nosas inquedanzas lévannos a superarnos día a día, e pasiño a pasiño vamos conseguindo que Salceda teña os mesmos servizos que os grandes municipios, convertindo o noso concello nun referente na comarca.
Esta Aula estará ubicada no CDL de O Torrón, un centro que día a día avanza para ofrecer máis e mellores servizos nas áreas de Emprego e Formación, e neste intre xa estamos traballando para facer realidade o seguinte proxecto que é o acondicionamento da nova aula de Formación na rama de Hostelería.
A Tenente de Alcalde e Concelleira de Benestar Social, Voluntariado, Deporte, Emprego e Formación, Marina Cabaleiro “dende o meu comenzo como concelleira loitei por levar a cabo proxectos que sempre considerei básicos e necesarios, como a Biblioteca Municipal acadada grazas a un obradoiro de Emprego, Aula Matinal e un longo etc; polo que agora máis que nunca traballamos polo emprego e a formación, tócanos estar cos veciños e veciñas para axudar a pasar está etapa tan dura, nun Concello como Salceda de Caselas con unha poboación eminentemente traballadora”