Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago ao seu paso por Salceda de Caselas cruza O Cerquido, parroquia de San Esteban de Budiño.

A continuación, o camiño segue cara Paredes de Abaixo por unha pista, onde debemos desviarnos cara Ribadelouro. Haberá que cruzar a ponte das Febres, tamén chamada de San Telmo.

Antes de chegar a Orbenlle, pasamos unha ponte do s. XVIII sobre o río Louro, no lugar de Madalena, e outro á entrada mesma de Orbenlle. A continuación, a ruta cruza a parroquia de San Salvador de Budiño, do Concello do Porriño.