AGARDÁMOSTE EN SALCEDA DE CASELAS!
Roteiros de sendeirismo de fácil percorrido, espectaculares contornas naturais, unhas festas e un entroido sen rivais, un gran patrimonio etnográfico e eclesiástico que te espera para que o descubras. Salceda de Caselas ten unha gran oferta turística para que poidas gozar dun Concello cheo de vida e natureza.
SENTIR SALCEDA
Vén a Salceda e goza de todo o que che pode ofrecer
PATRIMONIO
PATRIMONIO
Igrexas, muíños, cruceiros, petos de ánimas e moito máis para descubrir
ENTROIDO
O ENTROIDO
Un dos entroidos máis famosos de Galicia
MUNICIPIO
AS PARROQUIAS
Sete parroquias que conforman a nosa identidade como Concello
NATUREZA
ESPAZOS NATURAIS
Parques, montes, áreas recreativas e diversidade de espazos para gozar da natureza
FEIRAS
FESTAS
Dinamismo social e festexos ao longo das sete parroquias
SENDEIRISMO
SENDEIRISMO
Percorre Salceda a través das súas rutas de sendeirismo
AGARDÁMOSTE
Descubre Salceda de Caselas
Salceda de Caselas é un destino turístico completo, onde a natureza, a historia, as tradicións e as súas festas se entrelazan para ofrecer unha experiencia única. Cada recuncho convida a veciñanza e visitantes a explorar, descubrir e gozar do seu encanto singular.
PATRIMONIO E NATUREZA
O Pazo de Pegullal, do século XVIII, conta con un fermoso xardín xeométrico, viñedos e máis de 370 especies de camelias. Ademais, ofrece visitas guiadas que permiten explorar a súa arquitectura e paisaxismo, así como gozar da súa actividade agrícola, que inclúe olivares e cultivos de kiwi. É un lugar que combina historia, cultura e beleza natural