LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, así como cos compañeiros Xurxo e Óscar do PSOE, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos en mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
Pleno Ordinario de Agosto
Debido a un erro de conexión non é posible a retransmisión en directo da sesión plenaria.
O Concello de Salceda de Caselas homenaxea a Dolores Ferreiro Quintas polo seu 103 aniversario sendo a persoa de maior idade do municipio.
A alcaldesa Loli Castiñeira e a concelleira de Benestar Social Selene González visitaron a esta veciña, que goza dunha moi boa saúde física e mental que lle permitiu conducir ata os 95 anos....
Salceda preparada para recibir milleiros de persoas na XXXII Festa dos Callos
A implicación do tecido asociativo fará este ano máis grande a fin de semana A Praza do Concello de Salceda de Caselas serviu esta mañá de escenario da presentación da XXXII Festa dos Callos, que se...
Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas unidas pola igualdade e a conciliación no súa terceira edición “Acompañámoste: conciliación con corazón”
Os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas veñen de obter a subvención da Xunta de Galicia do programa Corresponsables, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España. A...
BASES X EDICIÓN DA RUTA PINCHO FOLK
Aquí podes consultar as bases reguladoras da oitava edición da ruta Pincho Folk para os locais de hostalería interesados en participar. X RUTA PINCHO FOLK 2026Descarga
Roberto Oliveira cede o fondo sonoro dixitalizado de Enrique X. Macías ao Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega (CCG) incorpora ao seu patrimonio documental un fondo sonoro dixitalizado sobre Enrique X. Macías (Vigo, 1958-1995), resultado de varios anos de traballo de...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS















