LOLI CASTIÑEIRA
ALCALDESA DE SALCEDA DE CASELAS
Este é o espazo oficial do Concello de Salceda de Caselas, esta é a vosa casa, a casa de todos e todas, a casa que todos e todas construímos con agarimo, e na que estamos a poñer todo o noso empeño por facer ben as cousas e traballar para o voso benestar.
Salceda é unha vila viva, unha vila moza, unha vila dinámica, na que o principal tesouro sodes vós: os e as salcedenses. É un enorme orgullo para min ser a vosa alcaldesa, e agardo, xunto cos meus compañeiros Álex, Selene e Marcos, seguir a poñer todo o noso empeño e os nosos esforzos e mellorar cada día un pouquiño máis a vosa calidade de vida. Estou segura, ademais, de que non só o goberno, senón o conxunto das 13 persoas que conformamos a Corporación, remaremos sempre no beneficio da nosa veciñanza.
Non dubidedes de empregar este ou calquera outro medio para trasladarnos as vosas inquedanzas, as vosas solicitudes, as vosas críticas construtivas, e todo aquilo que contribúa a que Salceda siga a ser a mellor vila para vivir, traballar e gozar.
Sempre con vós, a vosa alcaldesa, Loli Castiñeira.
NOVAS
O Pleno de Salceda apoia por unanimidade ao persoal de Correos
O Pleno da Corporación Municipal de Salceda, na súa sesión ordinaria do mes de outubro, amosou o seu apoio unánime ás reivindicacións do persoal de Correos, entidade encargada do servizo postal...
Salceda consigue 70.000€ para os danos dos incendios deste verán
A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinaron esta semana o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o financiamento...
Pleno Ordinario
Neste enlace podes seguir o Pleno Ordinario que se celebra o 30 de outubro de 2025 ás 20:30 https://www.youtube.com/watch?v=oVlwMJR8ELc
Avanzan as obras do saneamento de Entenza
As obras de construción da rede de saneamento na parroquia de Entenza que o Concello de Salceda de Caselas está a executar avanzan a bo ritmo e segundo o libro de ruta previsto. Así o puideron...
Salceda remata a mellora do entorno do IES Pedras Rubias
O Concello de Salceda de Caselas vén de recepcionar a obra de mellora da pavimentación no lugar do Coto da Revolta, no entorno do IES Pedras Rubias. A obra, ademais de beneficiar á veciñanza da...
Salceda poderá ampliar a Praza da Devesa
A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, vén de asinar ante notario a compra da parcela existente no entorno da Praza da Devesa. A parcela pertencía á SAREB, e está sendo empregada...
DESCUBRE SALCEDA DE CASELAS
Benvidos e benvidas a Salceda de Caselas, un fermoso concello do sur da provincia de Pontevedra, onde a riqueza cultural se une coa biodiversidade natural. Este municipio, impregnado de historia e tradición, ofrece unha experiencia única para quenes buscan descubrir a esencia auténtica de Galicia.
Salceda de Caselas: natureza, historia e tradición nun corazón cheo de vida
O MUNICIPIO
PATRIMONIO
FESTAS
O ENTROIDO
SENDEIRISMO
CONTORNAS NATURAIS
















