OMIX

Horario: luns a venres de 9:00 a 15:00 h.

Síguenos en Facebook

Que é a OMIX?

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é unha ferramenta informativa de carácter municipal que presta servizos de información/orientación e asesoramento aos mozos e mozas do concello.

A través das OMIX promóvense actividades de dinamización da información e trasládanse todas as novidades que poidan ser do interese da xuventude.

Ademais, a OMIX de Salceda de Caselas pretende fomentar a participación xuvenil con novas actividades no tempo libre e a promoción destas, ademais de compartir as informacións designadas para a mocidade e promover a mobilidade xuvenil.

Entre esas actividades destacamos:

• Promover o SVE e os demais programas europeos.

• Os distintos carnés para a mocidade (carné Xove, carné ISIC, carnés de Alberguista, etc.)

• Información sobre estudos, emprego, viaxes, ocio e tempo libre.

• Información sobre actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e as demais administracións públicas.

• Apoiar as asociacións xuvenís locais na organización das súas actividades.

Impreso de solicitude do carné Xove euro 30

Guía do carné Xove en Galicia