A Sra. Emilia, a Aboa de Salceda de Caselas O pasado 04 de Decembro cumpriu 100 anos, moi ben cumpridos a Sra. Emilia, unha muller loitadora. Emilia Felicidad Pérez González, nada o 4 de decembro de 1914 en Guillarei (Tui), pero tras quedar orfa foi vivir coa súa irmá a Soutelo. Casou con Alonso Calvo, co que tivo dúas fillas. Actualmente ten catro netos, seis bisnetos e unha tataraneta. Traballou no campo e fixo tamén de parteira, ademáis moitos acudian a ela para por inxeccións. En decembro de 1958, abriu a "Tenda 59" que actualmente é o "Bar 59" en Soutelo, xunto co seu marido. Conta a Sra. Emilia que o seu marido facía tamancas, e cando xuntaba un cento delas, ela mesma ía co carro a vendelas a Vigo ou a O Porriño. No seu 100 cumpleanos, rodeada de todos os seus familiares e ca visita do Alcalde de Salceda de Caselas Marcos Besada, manifestaba estar moi contenta, nas súas palabras: "Nunca che pensei chegar a isto". Durante a celebración mantivo en todo momento unha conversa distendida cos alí presentes, dando mostra do seu bo carácter e simpatía.