O Concello de Salceda costea parte do autobús para facer as revisións do cancro de mama

O Concello de Salceda está a  subvencionar o transporte ás mulleres
convocadas para a realización da Campaña de Prevención do Cancro, que
ascenden a un total de 758, de idades comprendidas entre 50-69 para que
poidan contar cun autobús diario que as traslada dende o Concello ata a
Casa do Mar en Vigo (Beiramar), lugar onde se lles practica o recoñecemento.
O protocolo que se está a seguir é o de chamar ás persoas convocadas a
esta revisión ou que estas se acheguen ao concello para solicitar o
servizo de autobús que lles supón un custe de 6 euros que inclúe a ida e
a volta, subvenciónandolles o concello aproximadamente o 50% do custe.
O SERGAS dispuña ata o 2012 dun autobús gratuíto que este ano anulou,
consecuencia que derivou na problemática que ten unha parte da poboación
para poder trasladarse ata a cidade, e dada a complexa combinación de
autobuses, á que se teñen que someter a diario para poder chegar ata
Beiramar,  a Concellaría de Sanidade asumiu un custe que non é da súa
competencia ante a imposibilidade de moitas mulleres a poder facer a
revisión.  Unha revisión de elevada importancia xa que moitas teñen que
manter a periocidade de revisións, por xa padecer antecedentes  ou por
ter predisposición hereditaria a padecela.
Loli Castiñeira asegura que unha vez máis o Concello de Salceda de
Caselas debe asumir competencias que non lle son propias para poder
axudar á cidadanía e que dispoñan de medios para poder realizar unha
revisión que pode salvar a súa vida. Previr é un dos aspectos máis
importantes que temos que ter en conta e por iso queremos implicarnos
como Concello ante as necesidades das nosas veciñas