A Sra. Emilia, a Aboa de Salceda de Caselas
O pasado 04 de Decembro cumpriu 100 anos, moi ben cumpridos a Sra.
Emilia, unha muller loitadora.
Emilia Felicidad Pérez González, nada o 4 de decembro de 1914 en
Guillarei (Tui), pero tras quedar orfa foi vivir coa súa irmá a Soutelo.
Casou con Alonso Calvo, co que tivo dúas fillas. Actualmente ten catro
netos, seis bisnetos e unha tataraneta. Traballou no campo e fixo tamén
de parteira, ademáis moitos acudian a ela para por inxeccións. En
decembro de 1958, abriu a "Tenda 59" que actualmente é o "Bar 59" en
Soutelo, xunto co seu marido. Conta a Sra. Emilia que o seu marido facía
tamancas, e cando xuntaba un cento delas, ela mesma ía co carro a
vendelas a Vigo ou a O Porriño.
No seu 100 cumpleanos, rodeada de todos os seus familiares e ca visita
do Alcalde de Salceda de Caselas Marcos Besada, manifestaba estar moi
contenta, nas súas palabras: "Nunca che pensei chegar a isto". Durante a
celebración mantivo en todo momento unha conversa distendida cos alí
presentes, dando mostra do seu bo carácter e simpatía.