Sanidade

Endurécense os controis covid en Salceda de Caselas

Garda Civil e policía local intensificaron os controis COVID nos últimos días no municipio de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo. Precisamente para poder manter ese excelente dato, nestes días estanse a intensificar as tarefas de vixianza.

Salceda chama ao autoconfinamento

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de facer unha chamada ao autoconfinamento da veciñanza, tras o incremento de casos positivos que se están a producir nos últimos días, e que sitúa ao municipio na alarmante cifra de 104 novos casos nos últimos 14 días

Bota a andar o gabinete psicolóxico da man de Avelaíña

Dende comezos do mes de xullo funciona xa o gabinete de atención psicolóxica de Salceda de Caselas, que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete supón un investimento anual de 10.925 €, financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Salceda fai aprovisionamento de mascarillas

A adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas