Sanidade

A Xunta recepciona a parcela para o Centro de Saúde de Salceda

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Directora Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, Mª Jesús Piñeiro, asinaron esta mañá ante notario a recepción da parcela cedida polo Concello de Salceda para a construcción do novo Centro de Saúde por parte da Xunta de Galicia

Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI). Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.

Zumba contra o cancro

O venres 21, a partir das 21:30, na Praza do Concello, máis dun centenar de mulleres participarán nunha exhibición de Zumba, nunha iniciativa da Concellería de Sanidade do Concello de Salceda que dirixe Loli Castiñeira, e que se celebra baixo o nome de “Zumba contra o Cancro”.