Emprego e formación

Salceda contrata a nove persoas en situación de desemprego

O Concello de Salceda ven de incorporar á súa plantilla un total de 9 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os contratos irán dende o 2 de maio ata o 31 de decembro de 2018.

A creación de emprego estará bonificada en Salceda

O Concello de Salceda modificará as súas ordenanzas fiscais para adecuarse ás condicións do “Concello Doing Business”, co que se busca atraer novas empresas, investimentos e emprendedores e, en consecuencia, máis emprego, achegándolles: máis incentivos fiscais, menos papelame administrativo e unha oferta de solo industrial coas mellores condicións que se deron nunca en Galicia.

A Bolsa de Emprego surte as empresas de Salceda e arredores

O Centro de Desenvolvemento Local O Torrón (CDL O Torrón) da Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas ven a lanzar unha campaña de prospección de emprego e de procura de empresas que precisen persoal para facilitarlle o mesmo dende a bolsa de emprego, co fin de atopar un traballo ás persoas inscritas nesta bolsa de emprego e ao mesmo tempo dotar as empresas de persoal cualificado dun xeito cómodo, rápido e profesional.