Emprego e formación

Salceda recibe 250.000 € para atender a 100 persoas desempregadas

O plan acollerá a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

Contratación dun técnico/a de orientación laboral interino/a

O obxecto desta convocatoria é a selección, en réxime de interinidade, dun posto de técnico/a de orientación laboral que prestará servizo no Concello do Salceda de Caselas para a execución con carácter temporal e non permanente do programa de orientación laboral dirixido á mellora da empregabilidade e á cualificación das persoas desempregadas

Solicitado un programa de emprego para atender a 100 persoas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. O plan acollería persoas desempregadas de sectores diversos.