Emprego e formación

Salceda renovará as súas sendas fluviais cun obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de botar a andar o novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídas nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.

Salceda recibe máis de 400.000€ para un novo obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión dun novo obradoiro dual de emprego para desenvolver entre decembro de 2024 a setembro de 2025. Neste caso serán vinte as persoas que formen parte como alumnado traballador, distribuídos nas especialidades de albanelería e carpintería de madeira.

Selección dunha persoa prospectora e orientadora laboral

Oferta de emprego: persoa “prospectora e orientadora laboral”, para a execución con carácter temporal e non permanente do Programa Integrado de Emprego do Concello, dirixido á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das personas traballadoras en situación de desemprego

O Concello de Salceda recibe máis de 500.000 € para un obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20€ para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste caso a acción acollerá a 20 persoas, 10 no campo da albanelería e outras 10 no da carpintería de madeira, que durante un ano se encargarán das obras de reforma de diferentes edificios municipais.