Deportes

I 10K Concello de Salceda

Os participantes da “I 10K Concello de Salceda” sustituiron aos coches nas rúas da vila o pasado domingo 5 de maio.

Un total 858 atletas repartidos nas distintas carreiras percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.

Únete a volta chega a Salceda

Este domingo, 26 de maio serán as bicis as que cubran as rúas de Salceda.
A saída terá lugar do CEP Altamira, ás 10:30 horas. Os participantes poden inscribirse ata o venres 24 nos centros escolares ou na Casa da Cultura. Tamén poderán anotarse o mesmo día da proba de 9:00 a 10:00 horas da mañá.

Presentación Club Badminton Salceda de Caselas

Realizouse a presentación do club badminton Salceda de Caselas . Son xa 4 anos que este club de badminton esta funcionando en Salceda de Caselas. Son cerca de 30 os nenos que componen o club, con idades que comprende dende os 6 anos ata os 16 anos

II San Silvestre Concello de Salceda de Caselas

Deporte, festa e solidaridade unidos para rematar o ano
A Concellería de deportes do Concello de Salceda ven de organizar para rematar este ano 2012 a segunda edicción da San Silvestre, este ano con un motivo solidario, con 671 participantes